Seguindo os pasos de Álvaro Cunqueiro e Filgueira Valverde
Por Redacción
Carmen Pomar, conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, presidía na tarde deste xoves a entrega de diplomas acreditativos ás persoas que foron escollidas para recibir as axudas ao estudo da Fundación Ventura Figueroa, unha das fundacións con fins educativos máis antigas de Europa.
As bolsas constitúen unha medida para premiar os valores que representan os bolseiros como o compromiso, o sacrifico e a dedicación que guía os estudos, segundo expuxo a conselleira durante o acto. Tamén destacaba a figura de Manuel Ventura Figueroa.
Estas axudas foron recibidas polos escritores e historiadores Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro ou Filgueira Valverde. Esta iniciativa englóbase dentro da proposta da Fundación de fortalecer a educación como ferramenta fundamental para cambiar o mundo.
Ao acto asistía o presidente de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela e o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén.