Unha persoa resulta ferida nun accidente de autobús en Lourizán
Por Redacción
Desde o 112 Galicia pasábase aviso aos servizos sanitarios de urxencia para atender ao único ferido.
Tamén se alertaba aos axentes da Garda Civil de Tráfico e foi necesaria a intervención do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas para que levaran a cabo as accións para deixar a vía en condicións para a circulación de vehículos.