Aberto o prazo de alegacións á nova senda peonil da PO-551 entre Bagüín e Seixo
Por Redacción
Este mércores sae a información pública o proxecto do novo itinerario peonil e ciclista da PO-551, co que xa se poden presentar alegacións. Este proxecto conta cun orzamento aproximado de 646.000 euros e permitirá enlazar a senda rematada xa en Bagüín e as beirarrúas do tramo urbano de Seixo.
Executaranse dous tipos de sendas, unha en formigón composta por unha capa de 16 centímetros de pavimento cun ancho variable que presentará un mínimo de 1,80 metros, e unha senda en voladizo, xa que nun dos tramos non se dispón de terreo na marxe da calzada para executar a obra ao existir na actualidade un muro de contención de terras. A senda en voladizo estará apoiada sobre a propia plataforma da estrada e composta por unha lousa de formigón armado que se executará sobre lousas prefabricadas.
A maiores, executaranse varias actuacións complementarias como a construción de varios muros de perpiaños en base de terraplén co obxectivo de reducir o movemento de terras; a ampliación da calzada no punto quilométrico 2+920 o que permitirá ampliar a plataforma no acceso a praia de Aguete, contribuíndo así a mellorar a seguridade viaria; e finalmente, a execución dun muro de perpiaño no extremo do terraplén, o acondicionamento da zona adxacente no punto quilométrico 3+655 co obxectivo de que se poida utilizar como nun lugar de estacionamento de vehículos, así como a reubicación dos contedores existentes.
Relacionadas:
-
A Xunta inicia as expropiacións para executar a senda peonil entre Bagüín e Seixo
Por Redacción |
-
Aproban o proxecto para construír unha senda peonil na estrada PO-551 entre Bagüín e Seixo
Por Redacción |
-
Demandan iluminación na senda peonil de Bagüín
Por Redacción |
-
COVSA inicia as obras da senda de Vilaseca a Lapaman
Por Redacción |
-
A veciñanza traslada as súas suxestións sobre a senda de Lapamán á conselleira Ethel Vázquez
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |