O alumnado do Valle Inclán, 'eurodeputados' por un día
Por Redacción
Un grupo de 25 rapaces e rapazas do instituto Valle Inclán, todos eles de primeiro de Bacharelato e da sección bilingüe de francés, veñen de visitar o hemiciclo do Parlamento Europeo para saber como traballan os eurodeputados.
Estiveron no país belga, entre o 6 e o 11 de febreiro, xunto coa profesora de francés, Leonor Rodríguez Tato e a de Educación Física e coordinadora do proxecto de Escolas Embaixadoras Junior do Parlamento Europeo (EEPE) no centro, Ana Santos Solla.
A viaxe respondía a unha invitación do europarlamentario socialista Pepe Blanco que recibiu ao grupo no Parlamento Europeo. Alí debateu con eles sobre para que sirve na realidade e como funciona a institución na que traballa e, en concreto, como se defenden na Eurocámara os intereses políticos, estatais e rexionais de cada grupo.
Blanco levou ao alumnado á tribuna de invitados do Parlamento onde puideron asistir uns minutos ao desenvolvemento da actividade parlamentaria.
Durante o seu percorrido polas diferentes institucións que compoñen a sede da UE en Bruxelas, os alumnos tamén recibiron a visita da eurodiputada galega Ana Miranda (BNG) e da xornalista española Sara Martos, que desenvolve o seu labor informando sobre as decisións que levan a cabo os diferentes grupos políticos.
Ademais, tiveron a oportunidade de falar con María José Sánchez Izquierdo, secretaria do presidente europeo Antonio Tajani; e visitaron a Fundación Galicia Europa, onde lles explicaron como esta institución defende os intereses galegos ante a UE, insta á participación galega en proxectos europeos ou forma e informa sobre a UE en Galicia.
Nas seguintes xornadas da viaxe, visitaron a Casa da Historia de Europa na que se narra, con multitude de formatos documentais, exposicións e mostras interactivas, os últimos 100 anos de historia do continente; e mantiveron unha entrevista co presidente do Consello Europeo, Jose Paulo Pego.
No tempo de lecer visitaron Bruxas, Gante e toda a zona vella e histórica de Bruxelas.
Relacionadas:
-
O IES Valle Inclán recibe un selo de calidade nacional por proxectos centrados na reciclaxe e na cidade ideal
Por Redacción |
-
Alumnos do instituto Valle Inclán desembarcan en Normandía
Por Redacción |
-
Felicitación europea para as profesoras do IES Valle Inclán implicadas no programa europeo 'eTwinning'
Por Redacción |
-
O IES Valle Inclán celebra o Día de Europa bailando ao son do himno 'amuñeirado'
Por Sara López Lago |
-
RADIO.- Rosa Estévez: "Gran Bretaña non vai a pechar as portas e moito menos aos españois"
Por Alejandro Espiño |