COVSA inicia as obras da senda de Vilaseca a Lapaman
Por Redacción
A empresa COVSA iniciou as obras da senda peonil discorre entre o lugar de Vilaseca e Lapamán, xusto no límite municipal entre Bueu e Marín.
O proxecto foi adxudicado por un importe de 575.000 euros.
O itinerario terá aproximadamente 1.450 metros de lonxitude e proxéctase en formigón colorado cun ancho tipo de dous metros, aínda que nalgún punto será lixeiramente menor pola presenza de edificacións próximas á calzada.
Tamén están en marcha en Marín outros proxectos de senda, como o da PO-313 desde Coirados a Pardavila e o que une o final da senda de Baguín con Seixo ao seu paso por San Brais que sairá a información pública de maneira inminente.
Relacionadas:
-
A senda peonil entre Vilaseca e Lapamán estará rematada no verán
Por Redacción |
-
Aberto o prazo de alegacións á nova senda peonil da PO-551 entre Bagüín e Seixo
Por Redacción |
-
Covsa construirá a senda entre Vilaseca e Lapamán
Por Redacción |
-
Convocados os propietarios de leiras afectadas para o pago de expropiacións en Marín, Poio e Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Xunta cita aos afectados polas obras da senda entre Vilaseca e Lapamán
Por Redacción |