Telmo Martín presenta ao vicepresidente da Xunta o proxecto da nova sede do servizo de emerxencias
Por Oskar Viéitez
Este martes, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, mantivo unha reunión en Santiago de Compostela co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na que lle informou que o Concello está a redactar un proxecto para a construción dunha nova sede para o servizo de emerxencias.
A intención do goberno é construir unha nave duns 800 metros cadrados nas parcelas municipais do parque empresarial de Nantes. Contaría cun parque cuberto para vehículos e material, unhas oficinas e unha zona de descanso para as gardas dos bombeiros.
Ademáis o alcalde comentou ao vicepresidente a posibilidade de dotar a Sanxenxo dunha oficina móbil para a Policía Local.
Se trataría dun vehículo que, cun orzamento aproximado de 100.000 euros, podería facilitar a elaboración de atestados e servir tamén como un punto móbil de atención á cidadanía, facilitando tanto información como a presentación de denuncias sen necesidade de trasladarse ás oficinas centrais.
Por último, o alcalde agradeceu a recente entrega de material para o servizo de Emerxencias, coa moto de auga e o furgón de útiles varios, que continúan ampliando e mellorando o material do que dispón este servizo.