Ferida a condutora dun vehículo que envorcou na vía rápida en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
Unha condutora resultou ferida leve tras envorcar co seu coche ao redor das tres da tarde na estrada VG-4.1 a coñecida como vía rápida entre Sanxenxo e A Lanzada.
Segundo informaron fontes do Concello de Sanxenxo a muller sufriu un mareo e perdeu o control do vehículo saíndose da vía e envorcando no tramo comprendido entre as ligazóns de Adina e Noalla.
A condutora foi trasladada por precaución ata o centro de saúde de Baltar.
Ao lugar do accidente acudiron efectivos do 061 e do Servizo Municipal de Emerxencias de Sanxenxo.