"Vivimos nun lugar que namora"
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao actor Rubén Riós e a guía do Castelo de Soutomaior Alba Acebedo, espertaron este luns na feira Fair Way a "fame por descubrir as múltiples experiencias que a provincia de Pontevedra oferta" percorrendo algunha das vías que por ela discorren cara Compostela.
Así, sorprendendo cunha escenificación a modo de intercambio de opinións entre dúas amigas e un amigo que están a decidir o itinerario a realizar, Silva, Acebedo e Riós foron achegando información relativa ao Camiño Portugués, ao Camiño Portugués pola Costa, ao Camiño de Inverno, á Vía da Prata, á Ruta polo Mar de Arousa e ao Itinerario Cultural do Pai Sarmiento.
Durante a feira Fair Way estanse a desenvolver reunións do sector público e privado no stand propio da Deputación de Pontevedra, "o máis vangardista e innovador da Feira", coa finalidade de "promover e dinamizar os camiños, este recurso turístico de primeira orde", sinalou Carmela Silva.
Tamén, a través do stand estanse a promover as experiencias que se poden realizar a través dos camiños cara Compostela pola provincia, concretamente as relacionadas coa gastronomía, enoturismo, cultura, arqueoloxía, termalismo e a camelia.
Relacionadas:
-
A campaña turística "Fame de experiencias" chega ao mobiliario urbano de Madrid
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra acollerá o 9 e 10 de marzo o Concurso Exposición Internacional da Camelia
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación promocionará o "Camiño experiencial" no Fairway de Santiago
Por Oskar Viéitez |
-
Os seis concellos da comarca do Umia terán presencia na FairWay
Por Redacción |