O Concello de Bueu e a AECC poñen en marcha a Semana da Froita
Por Redacción
O Concello de Bueu e a Asociación Española contra o Cancro poñen en marcha a Semana da Froita, unha campaña que consistirá na impartición de charlas en infantil e primaria e na repartición de froita nos centros educativos da vila.
Baixo o lema “Comer ben é divertido”, Marta Sanmartín Tomil, nutricionista e voluntaria da AECC, e Adriana Francisco González, técnica de prevención da AECC, serán as encargadas dos obradoiros de alimentación saudable no Colexio Virxe Milagrosa (o 13 de febreiro, de 09:00 a 14:00 h), no CEIP Montemogos de Beluso (o 14 de febreiro entre as 09.15 e as 14:00 h), e no CEIP Torre Cela (o 15 de febreiro, das 09.30 ás 14.30 h).
O obxectivo destas charlas é fomentar hábitos de alimentación saudable, a través da inxesta de froitas e verduras, que reducirían notablemente o risco de ter cancro.