Ultiman unha intervención paisaxística na contorna da Rúa do Forte
Por Redacción
A contorna da Rúa do Forte, en Marín, mellorará sensiblemente coa intervención paisaxística que se está desenvolvendo estes días no lugar.
Trátase dun proxecto encargado polo Concello ao paisaxista marinense José Souto, de Innova Paisaxes, para recuperar un espazo común tal e como viñeron solicitando os veciños da zona.
Despois de varias xornadas de traballo, aprécianse xa os muros creados para solucionar a pendente do terreo. Ademais saneouse o lugar retirando terra e cascallos.
O proxecto contempla a creación de escaleiras e un miradoiro, coa instalación de valos e iluminación, completándose a intervención coa plantación dunha composición vexetal.
Ademais de acabar cun punto de sucidade, o obxectivo da actuación segundo o Concello é a posta en valor dun das contornas máis singulares do Peñón.