A festa de San Gregorio de Raxó incluirá verbena e festa infantil
Por Redacción
A Comisión de Festas do Raxó Club de Fútbol quere que 2019 sexa o ano da consolidación definitiva de moitas das actividades de recuperación das tradicións e a vida social da parroquia emprendidas nos últimos anos, co rescate e a actualización das festas históricas para dinamizala economía.
Así, despois do éxito do ano pasado ao recuperar a festividade de San Gregorio, patrón de Raxó, os organizadores anuncian importantes novidades. Entre outras, este ano as actividades amplíanse ao domingo.
A celebración comezará o sábado, cunha salva de bombas e un pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Vides Novas. A continuación, ao mediodía terá lugar unha misa cantada na honra ao patrón, cunha procesión acompañada pola Banda de Música de Meaño, que dará un concerto despois do oficio relixioso, e xa pola noite, no recinto da festa, situado no peirao, haberá verbena a cargo das orquestras Miramar e Trébol.
O domingo pola tarde terá lugar unha festa infantil a cargo do animador Javi Solla. Os organizadores poñerán a disposición das familias unha gran carpa, situada tamén no peirao, con inchables, maquillaxe, musical e numerosas actividades para dos máis pequenos.