Arde a cabina dun camión nun taller de Pontevedra
Por Diego Torrado
Os Bombeiros do Parque municipal de Pontevedra tiveron que acudir este venres ata a as dependencias de Talleres Baulo, na Cendona, tras ser alertados por un incendio. Afortunadamente todo foi un susto no que non hai que lamentar danos persoais.
Segundo informaron fontes oficiais dos Bombeiros, o lume orixinouse na cabina dun camión que estaba a ser reparado neste concesionario oficial DAF.
O incendio foi extinguido polos traballadores do taller polo que os labores dos servizos de emerxencias limitáronse á ventilación do recinto, que resultou afectado por unha gran fumareda.
O suceso tivo lugar ás dúas e media da tarde.