Marín substituirá a cuberta do lavadoiro do río Casás
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín vai proceder nos próximos días a substitución da cuberta do lavadoiro do río Casás e acondicionamento da súa contorna unha vez recibidos os permisos tanto de Augas de Galicia como de Patrimonio.
Esta obra faise con cargo a axuda do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, por un importe de 58.085,22 euros.
Dende a Concellería do Rural queren devolver o lavadoiro o seu aspecto orixinal.
O conxunto formado polo lavadoiro, a fonte e o espazo público que o circunda mantén os elementos esenciais como o pilón, o fregadero, a pila da fonte, e o abastecemento de auga corrente ten un caudal suficiente e estable durante calquera período do ano.
Agora vaise substituir a cuberta existente por outra que, ademais de reunir condicións suficientes de estabilidade e protexer das inclemencias do tempo, contribúa á integración do conxunto na contorna.
Habilitarase tamén unha plataforma que resolva a accesibilidade ao lavadoiro unificando o conxunto, e o escalonamiento en bancadas.
Para iso utilizaranse materiais tradicionais adaptados ao medio, como son a pedra, a madeira e teza cerámica; empregando na construción técnicas adecuadas. Farase unha mínima intervención naqueles elementos que manteñen o seu estado orixinal tales como a pila e o fregadero do lavadoiro e o seu lousado, así como a fonte. Ademais colocarase un banco á beira da árbore existente e iluminación.