O Sergas mellora os accesos para vehículos no PAC de Cerdedo
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) está a acometer unha mellora nos accesos do Punto de Atención Continuada (PAC) de Cerdedo, coa que se pretende favorecer a entrada dos vehículos de emerxencias e dos usuarios.
Esta actuación, que conta cun investimento de 12.000 euros, consiste na instalación dunha ampla marquesiña na zona da porta para minimizar os efectos da climatoloxía.
O alcalde, Jorge Cubela, dixo que "a situación das infraestruturas sanitarias e educativas é unha das nosas prioridades", e lembrou que hai xusto un ano o PAC cerdedense beneficiouse dun completo proxecto de ampliación das súas dependencias por parte do Sergas, que tamén incluiu a apertura dunha gran fiestra para impulsar a súa iluminación natural e a conexión á rede telemática de voz e datos do sistema sanitario galego.