Sanxenxo contratará a 38 persoas a través do Plan Concellos
Por Redacción
O goberno de Sanxenxo enviou á Deputación de Pontevedra a solitud para poder contratar un total de 38 persoas, a través do Plan de Obras e Servizos, do Plan Concellos.
Así pois, as 38 persoas que se contratarán ao amparo desta liña, serán para os ámbitos municipais de servizos administrativos, parques e xardíns, limpeza de praias e espazos públicos. Concretamente contrataranse:
- 18 peóns, cun contrato de 6 meses de duración.
- 15 peóns cun contrato de 5 meses de duración.
- 5 auxiliar administrativo, cun contrato de 5 meses.
O contrato dos 38 traballadores supoñerá un investimento total de 256.096,51 euros que serán financiados polo organismo provincial.
O plan de emprego incluído na liña 3 do Plan Concellos, é unha medida que permite a contratación de persoas desempregadas, que non estean a recibir prestacións e poidan ter así unha oportunidade de adquirir experiencia laboral que facilite a súa futura inserción no mercado de traballo.