A Festa da Raia celebrarase a última fin de semana de abril
Por Redacción
A XXIV edición da Festa da Raia celebrarase os días 27 e 28 de abril, na Lonxa de Portonovo. Así se decidiu este xoves na reunión mantida polo goberno local de Sanxenxo coa asociación Can de San Roque e a Asociación de Hostaleiros da Rúa dos Viños, en Portonovo.
Ademais, estas dúas asociacións presentaron algunhas propostas para que esta festa salga á rúa e percorra a vila mariñeira. Agora, o goberno analizaraas e dará a súa resposta nunha nova reunión na semana do 25 de febreiro na que se irán pechando os detalles da programación.
Desde o goberno local han agradecido "a implicación e a predisposición" mostrada por estas dúas asociacións, "que continúan colaborando para que esta cita ano tras ano supere os éxitos de participación".