Atopan sen vida unha muller octoxenaria no interior dun pozo de Pontevedra
Por Redacción
Unha muller de 83 anos foi achada sen vida no interior dun pozo de auga situada nas inmediacións da súa casa, en Lourizán.
Fontes da investigación confirmaron a PontevedraViva que a morte se produciu por accidente.
A vítima acudía todas as mañás ao pozo para buscar unha botella de auga e, segundo os primeiros indicios, tería sufrido algunha indisposición e se precipitou ao interior.
O corpo foi descuberto por un dos seus fillos, sobre as 7.30 horas, cando ao chegar ao domicilio non atopou á súa nai. Buscouna e atopouna no pozo, aos pés do cal se atopaba a botella.
Tras o triste achado, alertou ás autoridades e axentes da Policía Nacional sacaron á muller do pozo, comprobando que a vítima non presentaba signos de violencia.