A segunda edición de Cantos de Taberna en Marín comeza este venres 8
Por Redacción
Organizada polo Concello de Marín e Os Saljariteiros, este venres se iniciará a segunda edición de Cantos de Taberna, tras o éxito da primeira convocatoria.
Nesta ocasión van desenvolverse actuacións o segundo venres de cada mes, ata xuño, agás no mes de marzo, en que a xornada se celebrará o venres 1 de marzo con motivo da celebración do Entroido en Marín.
Este venres 8 serán Os Saljariteiros e o grupo Sin son Gahiteiros, colectivo procedente das bandas de Silleda e Merza, que interpretan tanto música de folclore tradicional como cancións coñecidas dos Tamara ou Ana Kiro.
As actuacións comezarán ás 21.30 horas, co seguinte roteiro para Os Saljariteiros: 21.30 horas, Freixo; 22.15 h., Construmar; 23.00 h. La Huerta de la Abuela; e ás 23.45 horas no Knobbe. O roteiro para ver a actuación de Si Son Ghaiteiros será ás 21.30 horas, Construmar; 22.15 horas, Freixo, 23.00 horas, Knobbe; e ás 23.45 horas, na Huerta de la Abuela.