Así é Xuntos por Sanxenxo, o partido da ex alcaldesa Catalina González
Por Oskar Viéitez
"La política es mi vida, no entiendo mi vida sin la política". Así o asegura Catalina González, a exalcaldesa de Sanxenxo, que este martes presentou Xuntos por Sanxenxo, o partido que lidera e co que aspira a volver gobernar este concello.
Catalina González compareceu en rolda de prensa acompañada por Sonia Rivas Fontán e Esperanza Rodríguez Uhía que son a secretaria e tesoureira, respectivamente de Xuntos por Sanxenxo.
Esta formación política independente, "sin ideología definida, más allá de la búsqueda del equilibrio", pretende ocuparse "del progreso de Sanxenxo, la gestión de las necesidades de los vecinos y la búsqueda de soluciones". Neste sentido avogan polo consenso e a cesión mutua entre os distintos actores políticos da vila en aras do ben común.
A exalcaldesa confesou que xa non sente representada nin polo PP, de cuxos compañeiros non garda bo recordo, "ni por ningún otro partido de ámbito nacional", porque "pierden la esencia de las necesidades de los ayuntamientos; se pierden en los problemas generales".
Xuntos por Sanxenxo ten pendente constituír en asemblea a súa executiva e anima aos veciños para sumarse ao seu proxecto.
En abril será presentada a lista electoral.
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara con Catalina González, unha redeira "insumisa da política"
Por Marisa Ciordia |
-
Pita repite na lista de SAL como alcaldable para Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Catalina González abandona o PP e liderará Xuntos por Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
Catalina González confirma o seu regreso: "Está decidido. Presentareime ás eleccións"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |