Exproga acondicionará un camiño rural na localidade cuntiense de Trasponte
Por Redacción
O concello de Cuntis ven de adxudicar provisionalmente á empresa Exproga a obra de mellora dun camiño rural no lugar de Trasponte que ten por finalidade a mellora do acceso ó núcleo rural.
A actuación neste camiño da parroquia de Cuntis vai afectar a un treito de 550 metros cunha superficie de 2.300 metros cadrados.
Procederase á substitución da actual canalización de auga de abastecemento municipal, en mal estado, por unha canalización de polietileno alimentario de 32 milímetros de diámetro. Dita actuación afecta a unha lonxitude de 110 metros lineais.
Posteriormente, nunha zona onde aflora auga de forma natural, o que provoca numerosas roturas do pavimento, procederase a realizar 73 metros de saneamento, coa colocación dun tubo de drenaxe en gabia rechea de grava. A continuación, en todo o vial, procederase á pavimentación cunha capa de 12 centímetros de formigón en masa.
A esta obra presentáronse un total de dez empresas, unha quedou excluída por non presentar correctamente a documentación requirida sendo a que que mellor puntuación obtivo a firma Exproga, S L con unha oferta de execución de 31.500 euros mais IVE.