Andrés Núñez Rajoy será o cabeza de lista de Compromiso na cidade de Pontevedra
Por Redacción
O galeguista Andrés Núñez Rajoy será o cabeza de lista de Compromiso por Galicia (CxG) para as eleccións municipais da cidade de Pontevedra.
Andrés Núñez Rajoy é enxeñeiro técnico agrícola. Leva nesa profesión case corenta anos. Na actualidade traballa no Servizo de Infraestruturas Agrarias en Pontevedra.
O secretario xeral desta formación, José Ramón Piñeiro Docampo, asegurou que a intención de Compromiso "é reforzar a presenza na cidade e a aposta é forte".
Ademáis salientou que "Andrés é un dos piares da formación a nivel galego, temos a confianza en Pontevedra de aporta sentidiño con unha acción política para a xente".
O respaldo da agrupación de Pontevedra ao candidato foi unánime e agora xa traballan na confección dunha lista de "garantías e forza".
"Temos recoñecemento en Pontevedra do traballo feito, moitos premios en materia de urbanismo é innegable. Pero tamén temos moitos retos e traballos por facer. En aquelo que non se ve. Traballar en opcións de emprego e liderar sectores a nivel nacional", dixo o xa candidato de CxG.