Protección Civil e grupos de emerxencias reciben novo material
Por Redacción
A Xunta de Galicia decidiu reforzar con máis equipamento ás Agrupacións de Protección Civil galegas e aos grupos de emerxencias e supramunicipais (GES).
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, entregaba este luns seis remolques de emerxencias, dúas motos de auga, un equipo de excarceración e tres furgóns, coa folla de ruta para ofrecer unha resposta eficaz ante as incidencias que se poidan producir e sexa necesaria a intervención destes colectivos.
Os concellos de Cambados, Marín e Ribadumia, entre outros da provincia, recibían un remolque de emerxencias. Sanxenxo conta desde esta xornada cun furgón e cunha moto acuática. Todo este material e equipamento de emerxencias ás Agrupacións de Protección Civil aos Grupos de Emerxencias Supraunicipales conta cun investimento de preto de 364.000 euros.
A esta entrega, entre outros representantes da administración autonómica, asistía o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.