VÍDEO.- Confiscan unha navalla con aparencia de tarxeta
Por Redacción
A Policía Local de Poio interveu unha navalla a un home, veciño de Soutomaior, que a escondía na súa carteira con aparencia de tarxeta.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policia Local, os axentes procederon á incautación da arma prohibida. Contra esta persoa os axentes tramitaron a correspondente acta-de denuncia, por infracción grave á Lei de seguridade cidadá en concordancia ao Regulamento de Armas.
Este tipo de armas adoitan ser adquiridas pola mocidade a través do comercio online.
Dentro do plan de prevención de seguridade cidadá do Concello de Poio os axentes realizan controis de vehículos e persoas, e ao longo do ano 2018 os integrantes do persoal da Policía Local interviñeron un total de 6 armas brancas.
A tenencia e porte na vía pública deste instrumento "considerado especialmente perigoso para a integridade física das persoas", pode comportar de multa de 601 a 30.000 euros, conforme á Lei Orgánica de Seguridade Cidadá.