O plan integrado de emprego EmpregaMarín crece ata os cen participantes
Por Redacción
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, inaugurou este xoves unha nova edición do programa integrado de emprego EmpregaMarín V.
Trátase dun proxecto para o que a Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha subvención 200.000 euros e o Concello aporta 50.000.
A novidade respecto a anteriores edicións é que no EmpregaMarín V contarase coa participación de 100 persoas beneficiarias, o que supón 15 persoas máis que na edición precedente.
O programa desenvolverase ata o 31 de outubro de 2019 e o colectivo ao que vai dirixido son persoas menores de 30 anos desempregadas e inscritas como demandantes de emprego nos Servizos Públicos.
A finalidade última deste programa integrado de emprego é a de posibilitar a integración laboral de persoas con dificultades para acceder a un posto de traballo.
EmpregaMarín consta dun curso de organización e xestión de almacéns, un curso de operacións básicas de restaurante e bar e dúas accións que den acceso a módulos ou certificados de profesionalidade, a proposta dos técnicos do programa, en función dos perfís, da demanda e da disposición de instalacións homologadas para a súa impartición.
Ademáis elaboraranse itinerarios personalizados e impartiranse tres módulos: un de técnicas activas para a búsqueda de emprego, outro de habilidades sociais e un de igualdade. Tamén darase un curso de alfabetización dixital.
Cada participante terá o seu itinerario persoalizado de inserción según a súa formación, experiencia profesional, inquedanzas, aptitudes e os seus proprios obxectivos profesionais.