Fomento rectifica e non utilizará topónimos como "Sanjenjo", "Bayona" ou "El Grove"
Por Alejandro Espiño
Topónimos como "Sanjenjo", "Bayona", "El Grove" ou mesmo "Santa Eugenia de Ribeira" deixarán de utilizarse na página web do Ministerio de Fomento. Así o anuncian nunha resposta á preguntada formulada por Alexandra Fernández, deputada de En Marea.
Fernández instara hai meses a Fomento para que corrixira as formas "deturpadas" das localidades galegas que estaban no seu portal dixital.
Fomento explica que advertiuse que existe unha discordancia entre a denominación das capitanías marítimas existente na páxina web do Ministerio e a que aparece no anexo do Real Decreto 638/2007, de 18 de maio, polo que se regulan as capitanías marítimas e os distritos marítimos.
En consecuencia, engaden, iniciáronse os trámites para que exista unha plena correspondencia dos nomes oficiais.
Para Alexandra Fernández, "non era de recibo" que o Goberno seguira a empregar formas toponímicas "totalmente desterradas e propias doutros tempos".