Unha man de pintura para o mercado de Sanxenxo
Por Redacción
O goberno local está a levar unha serie de melloras no mercado de Sanxenxo, como son o pintado das instalacións e a substitución no valado de acceso.
Estas melloras están valoradas en 12.000 euros e buscan un mellor acondicionamento das instalacións, para facilitar o uso diario do mercado a traballadores, veciños e visitantes.
A estas melloras hai que engadirlle unhas realizadas recentemente, cun orzamento aproximado de 7.000 euros, consistentes na substitución das antigas celosías da praza por unha carpintería de aluminio que permite a entrada de luz natural no edificio e renova a súa imaxe.
Nun futuro, o mercado Sanxenxo requirirá unha actuación maior que modernice as instalacións e fomente e incentive o mercado local da vila.