Escolares do CEIP do Carballal celebran o Día Escolar da Paz cun vídeoclip sobre conflitos internacionais
Por Redacción
O CEIP do Carballal de Marín volveu elaborar un videoclip cargado de reivindicacións sociais. Neste caso, o traballo leva por título 'Imaxinar' e os escolares a ritmo musical fan unha análise da situación que se vive actualmente en diversos escenarios internacionais como Siria, Iraq, Afganistán, Sudán, Iemen, Ucraína ou Somalia.
Esta iniciativa parte do alumnado da asignatura de Valores Sociais e Cívicos de 6º de Primaria e contou coa participación dun coro formado por estudantes de 4ª A de Primaria e coa colaboración dos mestres Víctor Alfonso Castro e María Jesús Aldao.
O vídeo, que conta xa con máis de 1.400 visualizacións na plataforma Youtube, está tamén colgado no 'Portal da Lingua galega'. Promovido polo Equipo de dinamización da Lingua Galega, esta proposta pretende reflexionar sobre os conflitos bélicos con motivo da celebración este 30 de xaneiro do Día Internacional da Paz e a non violencia. Unha xornada que se conmemora desde o ano 1964, coa intención de render homenaxe á figura do líder espiritual e pacifista da India, Mahatma Gandhi, asasinado a tiros en 1948.
O alumnado do CEIP do Carballal xa logrou un éxito de visualizacións co seu vídeo 'Regueifando en Marín', no que defenden o uso da lingua galega e a particular maneira de expresarse dos habitantes da vila.
Relacionadas:
-
RADIO.- "Pasamos do quen ben te quere farate chorar ao quen ben te quere deixarate facer o que queiras"
Por Marisa Ciordia |
-
O colexio Carballal de Marín, triple premio no 'eMove Festival' e no 'Humans Fest'
Por Redacción |
-
O alumnado do colexio Carballal botouse á rúa para coñecer as institucións de Marín
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Escolares do Carballal cantan unha divertida regueifa moderna reivindicando o acento: "En Marín, mirín, mirín!"
Por Redacción |