Julio Sayáns, alcalde de Campo Lameiro desde 1983, non se presentará á reelección
Por Redacción
Julio Sayáns leva sendo alcalde de Campo Lameiro desde 1983, coas segundas eleccións da democracia. Primeiro presentouse como independente e logo baixo as siglas do PP, partido que vén de confirmar a Carlos Costa Domínguez como candidato do Partido Popular á alcaldía de Campo Lameiro de cara ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio.
Así o anunciou o presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, na reunión mantida este martes co comité executivo local. Un encontro no que destacou o traballo levado a cabo por Carlos Costa no Concello como actual tenente de alcalde e a súa "valentía" por encabezar un proxecto novo e ilusionante para todos.
O presidente provincial reivindicou tamén a tarefa feita durante estes anos polo actual alcalde Julio Sayáns, o que felicitou pola súa longa traxectoria, e puxo en valor a unidade do partido e "a súa experiencia e saber facer" nos gobernos municipais.
PERFIL DO CANDIDATO
Carlos Costa Domínguez naceu o 29 de xuño de 1967. Traballador autónomo (rexenta unha panadería), leva 16 anos como primeiro teniente de alcalde do Concello de Campo Lameiro.