Vandalizan os aseos da Finca de Briz
Por Redacción
A Finca de Briz sufríu esta fin de semana un acto vandálico nos cuartos de baño que alí están instalados, que foron obxecto de numerosas pintadas.
A Finca de Briz é un espazo que foi ao longo do pasado ano vítima recorrente por parte dos vándalos que esnaquizaron os elementos musicais, romperon figuras de madeira e outros elementos decorativos. Tamén son numerosas as pintadas que estragan o parque.
Dende o Concello lémbrase que a reparación de todos os elementos públicos que sufren este tipo de actos custan cartos que minoran outras partidas, co que vai en detrimento de toda a veciñanza de Marín, xa que atacan ao patrimonio e ás instalacións municipais que son usadas pola veciñanza e sobre todo pola rapazada.
PARQUE INFANTIL EN SAN XULIAN
Por outra banda, o Concello de Marin acondicionou o parque infantil de San Xulián coa instalación de aparellos biosaudables, completando así os traballos que se iniciaron hai un par de meses co cambio do chan de area polo de caucho e os xogos infantís. Estas melloras se realizaron coa axuda da Asociación Virxe dos Remedios.
Tamén está prevista a instalación dunha fonte neste parque infantil que está situado frente da casa de cultura de San Xulián.
Na mesma parroquia, se instalou unha base con suxeición para contedores no Iglesario para evitar que se despracen cos temporais, tal e como solicitaron os veciños.
O Concello de Marín ten prevista outra actuación nesta zona coa pavimentación na primavera dun camiño na Bouza e en Macenlle.
Relacionadas:
-
Detido o autor dunhas pintadas no casco urbano de Marín
Por Redacción |
-
A Policía identifica a "Sick", un mozo marinense ao que lle imputan varios actos vandálicos
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Marín valora como "moi positiva" a masiva festa de Samaín na Finca de Britz
Por Redacción |
-
A Finca de Briz, escenario do II Festival folclórico Pousos da Area que se celebra este sábado 11
Por Redacción |