O Concello reserva 370.000 euros para asumir o aumento salarial dos seus traballadores
Por Alejandro Espiño
Todos os traballadores do Concello de Pontevedra cobrarán, a partir de agora, un 2.25% máis. Así o obriga o Real Decreto aprobado polo Goberno e que Pontevedra, cumprindo co mandato legal, adoptará con efectos do 1 de xaneiro.
Esta medida afectará non só aos funcionarios municipais, senón tamén ao persoal laboral. Será para os traballadores do Concello e do seu organismo autónomo, o Pazo da Cultura.
A subida de soldo supoñerá un aumento de 370.000 euros na partida de persoal que recollen os orzamentos para 2019 que, este luns, entraron en vigor coa súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Relacionadas:
-
CC.OO. demanda o Concello polos seus "abusos laborais" cos policías locais
Por Redacción |
-
O Concello ofrecerá horarios flexibles aos seus traballadores para poder conciliar
Por Alejandro Espiño |
-
Rexeitan todas as alegacións presentadas ao orzamento municipal de 2019
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG aproba sen sobresaltos, coa abstención de PSOE e Marea, o orzamento de 2019
Por Alejandro Espiño |