VÍDEO.- O PP de Poio cualifica de "éxito indiscutible" a participación no acto 'Rodea o Concello'
Por Diego Torrado & Redacción
O Partido Popular de Poio, que lidera Ángel Moldes, considera que foi un "éxito indiscutible" o acto 'Rodea o Concello', que a agrupación popular organizaba para esta xornada.
Veciños do municipio sumábanse á cadea humana que se elaborou ao redor da casa consistorial ao redor das 13.00 horas deste domingo. Este acto de protesta reivindica uns impostos xustos e servizos dignos para Poio. Para Ángel Moldes lográronse os obxectivos de participación previstos e felicitou aos asistentes para afirmar que tería sido posible facer dúas cadeas ao redor o edificio.
Para Moldes estes apoios mostran que a veciñanza está "farta das mentiras de Luciano Sobral" a quen acusa de ser incapaz de cumprir as súas promesas en 24 anos á fronte da alcaldía do municipio.
Moldes afirma que, en caso de vencer nas próximas municipais, aprobará medidas fiscais de forma inmediata para que as familias de Poio aforren, como mínimo, 400.000 euros ao ano, con revisión de taxas e baixada do IBI ao 0,43 e aplicación de bonificacións ás familias con máis necesidades económicas.
Relacionadas:
-
A protesta 'Rodea o Concello' do PP de Poio, aprazada por loito
Por Redacción |
-
O PP acusa o alcalde de Poio de insultar aos veciños cando di que se pagan poucos impostos
Por Redacción |
-
O goberno local de Poio nega que exerza unha alta presión fiscal e acusa a Moldes de enganar á veciñanza
Por Anxo Lourido |
-
O Partido Popular convoca un acto de protesta cidadá para "rodear" o Concello de Poio
Por Oskar Viéitez |