Nova imaxe para a estrada de San Vicente no Grove
Por Redacción
Xa se atopan totalmente rematadas os tramos segregados da senda de 2,5 metros para peóns e ciclistas na estrada provincial EP-9106 en San Vicente do Grove, que está reformando o departamento de Mobilidade de la Deputación de Pontevedra.
Creáronse dous tramos compartidos para peóns e vehículos de motor nos que a plataforma é elevada e a velocidade atópase limitada a 20 quilómetros por hora, ao igual que na praza de entrada á igrexa.
O deputado responsable Uxío Benítez sinala que o mércores 30 vai levarse a cabo a inauguración desta reforma, unha vez que remate a intervención na sinalización horizontal.
Benítez afirma que esta actuación foi demandada pola veciñanza da zona coa intención de que garanta a seguridade viaria. Neste sentido, mellorouse a visibilidade nas curvas pechadas.
A actuación realizouse ao longo de 900 metros e comeza no cruce coa estrada provincial EP-9101 ata a igrexa de San Vicente. O Concello e a Deputación firmaran un convenio para cofinanciar esta obra.