A Brilat empeza unha "misión que sabemos que no va a ser fácil, va a ser larga"
Por Natalia Puga
"Es una misión que sabemos que no va a ser fácil. Va a ser larga, pero vamos convencidos del apoyo de nuestra nación y de la importancia que tiene lo que vamos a hacer. A pesar de las dificultades con que nos vamos a encontrar, vamos preparados, cohesionados y comprometidos con la misión".
A partir da próxima semana 800 soldados da Brilat empezarán o seu despregamento en Afganistán. Serán o groso do novo continxente de 1.300 militares españois no país asiático e tamén os que achegan o Batallón de Manobra e o mando da misión, baixo a batuta do coronel Fernando García González-Valerio.
Este venres boa parte deles viviron o acto oficial de despedida, tras o cal poderán poderán pasar uns días coas súas familias e poñer rumbo a Afganistán (farano de forma graduada, en relevos que durarán 20 días).
Presenciaron un acto moi castrense na súa organización, moi emotivo no seu fondo. Estaban presentes varios centos de familiares, se ben, ao celebrarse na base Cabo Noval de Siero (Asturias), poucos da Brilat. Si tiveron os chegados dende Pontevedra (a metade dos que se desprazarán a zona) un toque da terra, a presenza da Banda de Guerra de Figueirido.
O coronel González-Valerio, moi recto á hora de pasar revista ás tropas acompañado do Xefe da Forza Terrestre, o tenente xeral José Ignacio Medina Cebrián, deu renda solta ao seu lado máis humano ao dirixirse á Forza e aos seus familiares.
O coronel ás familias: "Sabemos que nos apoyáis y que entendéis el trabajo"
Agradeceu a presenza das familias, "es un hecho que no nos puede llenar más de orgullo", e dedicoulles parte do seu discurso. "Soy consciente de las preocupaciones y sacrificios que implica la misión, pero sabemos que nos apoyáis y que entendéis el trabajo que vamos a realizar en Afganistán", deulles as grazas.
Non faltaron as palabras de tranquilidade: "Tenéis que tener absoluta confianza en la preparación que hemos llevado a cabo, en la profesionalidad y en el buen hacer de todos y cada uno de nosotros. Estad tranquilos, con nuestro trabajo vamos a contribuir a mejorar las condiciones del pueblo afgano, nos sentimos orgullosos de la labor que vamos a realizar y así los lo contaremos".
A amiga dunha soldado: "Se va y nosotros ya estamos esperando a que vuelva"
Poucos pontevedreses había na tribuna do público, pero entre as autoridades non faltou o xeneral xefe da Brilat, José Antonio Alonso Miranda, que protagonizou un dos momentos máis intensos do acto ao entregar unha imaxe da Virxe de Covadonga ao coronel Gonzalez-Valerio e fundirse con el nun sentido abrazo.
Intenso foi tamén o acto para os familiares presentes, aínda que as palabras de ánimo dos mandos lle serviron de bo pouco. "Se va y nosotros ya estamos esperando a que vuelva", relataba unha moza de León que foi a despedir unha amiga. Xa se desprazou a zona catro veces e sabe como serán estes meses: "se vive con preocupación porque están en guerra".
O irmán de Montse García, de Villabueno, Asturias, xa se foi dúas veces e a súa familia sabe como ten que actuar: "toda la familia tiene que unirse y cada poco le enviaremos paquetes con jamón y cartas". Susana Montequín, que despedía o seu fillo, confesaba ás portas de Cabo Noval: "estoy mal a pesar de que es su tercera misión".
Relacionadas:
-
A Brilat toma o mando en Afganistán nun punto de non retorno da misión
Por Natalia Puga |
-
Un tenente da Brilat, ferido leve en Afganistán
Por Natalia Puga |
-
Case 700 militares da Brilat xa están en Afganistán
Por Natalia Puga |
-
O primeiro avión con soldados da Brilat pon rumbo a Afganistán
Por Natalia Puga |
-
Máis soldados pontevedreses irán a Afganistán
Por Natalia Puga |
-
A Brilat concéntrase en Figueirido e Asturias para ultimar a misión de Afganistán
Por Natalia Puga |
-
O Xefe do Estado Maior do Exército destaca o "excelente nivel de preparación" da Brilat
Por Natalia Puga |