Comezan as obras para converter as antigas oficinas de Nogueira na futura Aduana
Por Oskar Viéitez
Esta semana a Autoridade Portuaria iniciou as obras de acondicionamento do edificio que estivo ocupado polas antigas oficinas de Ceferino Nogueira.
A sede destas oficinas trasladouse a outra concesión dentro do Porto, o que posibilitou ter para esta empresa unhas oficinas máis grandes, máis cómodas e totalmente modernizadas.
A Autoridade Portuaria xunto ao Concello de Marín e a Axencia Tributaria elaboraron un convenio para trasladar o servizo de Aduanas que, a día de hoxe atópanse situadas fóra do recinto portuario no inmoble contiguo á Casa Consistorial.
Tras a reforma o Concello encargarase de acondicionamento interno das oficinas.