As persoas maiores de 65 anos aprenderán en Cuntis a evitar caídas
Por Redacción
A concellería de Igualdade e Benestar Social do Concello de Cuntis abre o prazo para inscribirse nun programa de prevención da fraxilidade e das caídas, destinado a persoas maiores de 65 anos.
Este programa intégrase dentro do marco da Rede Española de Cidades Saudables (RECS) e se realiza coa intención de promover un envellecemento en boas condicións de saúde e libre de discapacidade.
A iniciativa céntrase en establecer actividades físicas e está indicado para persoas maiores e aquelas que conten con máis riscos de se caer debido a poliartrite, osteoporose, con insuficiencia circulatoria, teñan padecido ictus, sofran parkinson ou leven algunha prótese ósea. Tamén é aconsellable para persoas con problemas de equilibrio, visibilidade ou alteracións nos pés.
O programa atópase cofinanciado pola Federación Española de Municipios e provincias e polo Ministerio de Sanidade. A inscripción pode realizarse a través do departamento de Servizos Sociais e nos teléfonos 986.185.723 o 986.185.468.