A Lama contratará trece persoas para reforzar os servizos municipais
Por Redacción
Trece persoas prevé contratar A Lama para poder reforzar os servizos municipais e de limpeza nas zonas rurais do municipio. É o persoal que se solicitou a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
En concreto, A Lama quere incorporar dous operarios especializados en movementos de terras, dous peóns de limpeza, sete peóns forestais, un conserxe e un auxiliar admnistrativo.
O alcalde, Jorge Canda, manifestou que a incorporación destas persoas, que espera que a súa selección se inicie canto antes, permitirá ao Concello dispoñer de persoal que poida dedicar a realizar pequenas obras moi necesarias para a poboación e que ao mesmo tempo permitan dar resposta a un problema de empregabilidade que tamén é moi necesaria.
Os traballos que realizarán os operarios que se contraten con esta axuda da Deputación de Pontevedra irán destinada a manter servizos, realizar pequenas obras de infraestrutura, limpeza de cunetas e de espazos públicos, rozas e tamén labores de prevención contra incendios forestais, unha das principais preocupacións deste municipio.