Os comuneiros de Salcedo apostan por seguir negociando convencidos de que a Brilat non abandonará Pontevedra
Por Diego Espiño
O presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, segue apostando pola negociación con Defensa e móstrase seguro de que a Brilat non abandonará Pontevedra, "a base téñena cuantificada en moitos millóns de euros e non van a facer esa inversión noutro lado".
Pintos, que este sábado explicou nunha asemblea dos comuneiros o resultado da primeira reunión cos responsables do Ministerio, revelou as cantidades que ambas as dúas partes puxeron enriba da mesa, unhas cifras que entende son preliminares e aínda deben variar, ademais encontrarse moi distantes ás que transcenderon nos últimos días, "as cifras que se trasladaron son unha estratexia para provocar tensión e que a xente nos presione para que non marchen".
Os comuneiros piden 450.000 euros anuais polo uso dos terreos, Defensa ofrece 36.000
Segundo o relato de Fernando Pintos, os comuneiros valoraron as 90 hectáreas en 0,5 euros por metro cadrado, o que supoñería un canon anual de 450.000 euros, mentres Defensa valora esa extensión en 0,04 euros o metro cadrado, 36.000 euros ao ano.
A diferenza, que é moi pronunciada, se explica polo diferente baremo aplicado en cada caso, como defende o presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, "nós valoramos a situación xeográfica con elementos como a autopista, o porto, o AVE ou a capital a menos de 10 minutos da base, mentres eles baséanse en medias do terreo total de Galicia".
A asemblea apoiou a postura da súa xunta directiva, que espera que as cifras se vaian aproximando en próximos encontros, ademais de ter aprobado unha resolución pola que autorizan os xestores da Comunidade de Montes a convocar mobilizacións "sempre que se pase a liña vermella de difamar e demonizarnos para meternos presión".
Relacionadas:
-
Jacobo Moreira advirte aos comuneiros de Salcedo do risco de porfiar coa Brilat polos terreos da base
Por Redacción |
-
Os comuneiros queixanse de que intentan "criminalizalos" pola negociación dos terreos da Brilat
Por Redacción |
-
Louzán e Moreira piden responsabilidad para evitar que a Brilat se vaia de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Lores e Louro confían en que haberá acordo entre os comuneiros e Defensa
Por Redacción |
-
A Brilat estuda "seriamente" abandonar Pontevedra ao entender que o acordo con Salcedo é "imposible"
Por Alejandro Espiño |