Domínguez ve unha "chapuza" o plan de transporte do Concello: "Yo quiero autobuses por el rural"
Por Alejandro Espiño
Sen tempo para coñecer os detalles do plan no que traballa o Concello, o portavoz do Partido Popular en Pontevedra apresurouse a cualificar de "chapuza" a proposta de transporte público que esbozou o goberno municipal e que será presentado a próxima semana ante a Xunta de Galicia para coordinarse entre ambas as administracións.
"Yo quiero autobuses por el rural", reiterou Domínguez en rolda de prensa, que entende que o transporte a demanda que propón o Concello para as parroquias "puede ser un añadido" pero non o modelo prioritario que se implante en Pontevedra.
Aínda que os populares ven "positivo" que despois de vinte anos "negando la realidad" o goberno municipal "se haya dado cuenta" de que na cidade de Pontevedra hai un "problema grave" co transporte urbano.
En todo caso, o anunciado por César Mosquera é para Rafa Domínguez unha "bomba de humo" que avanza para "acallar a la gente", pero lamenta que non se sosteña en "estudios serios" e estea cheo de "contradicciones".
"Los vecinos de Pontevedra, del casco urbano y de las parroquias, se merecen más respeto. No van a creerse este engaño. Pedimos un poquito de seriedad", sinalou Domínguez, que reiterou a obrigación legal que ten o Concello de prestar este servizo.
Rafa Domínguez insiste en que non aceptará un transporte público "a medias" que exclúa ao centro, aos barrios e ás parroquias e tampouco un transporte público que non estea integrado no Plan de Transporte Metropolitano da Xunta.
Relacionadas:
-
Un informe municipal alerta das "carencias" do Plan de Transporte da Xunta, que mete buses por zonas peonís
Por Natalia Puga |
-
A Xunta non ve "desenvolvida" a proposta de Pontevedra para o transporte a demanda
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
O Concello e a Xunta 'non se entenden' tras a reunión técnica do transporte público
Por Oskar Viéitez |
-
Os taxistas, "moi interesados" no proxecto de transporte a demanda que estuda implantar o Concello
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra baseará no transporte a demanda a súa proposta para o transporte urbano
Por Alejandro Espiño |
-
Mosquera anuncia un plan de transporte urbano "pioneiro e modélico" para Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O PP lamenta a "parálisis total" do Concello co transporte público
Por Alejandro Espiño |