Unha furgoneta sáese da estrada e atropela un peón
Por Oskar Viéitez
Unha persoa resultou ferida este xoves en Sanxenxo tras ser atropelada por unha furgoneta.
O vehículo saíuse da vía cando circulaba pola rúa Circunvalación, no tramo da estrada PO-308, nas proximidades da discoteca Zoo.
Segundo informaron Emerxencias Sanxenxo o sinistro tivo lugar sobre as dez da mañá.
A vítima presentaba feridas leves polo que foi mobilizada unha ambulancia do 061.