O parking de Nauta ofrece dúas horas de balde aos veciños
Por Oskar Viéitez
O goberno local tratou este xoves no consello de administración de Nauta, a posta en funcionamento das dúas horas gratuítas cada día de aparcadoiro no parking da empresa municipal, a partir deste venres día 25 de xaneiro para vehículos censados en Sanxenxo.
Non é posible escoller o tramo horario, o desconto aplicarase a primeira vez que se accede ao parking ese día. Tras esa primeira vez, e nos próximos accesos dese día, mesmo se non se usaron as dúas horas, só aplicarase o desconto dunha hora xa en vigor.
Este desconto non se aplicará durante Semana Santa, e os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.
Para obter o desconto será necesario darse de alta no propio aparcadoiro achegando os seguintes datos: Nome e apelidos. Matrícula do vehículo. Correo electrónico e número de teléfono. Estes datos serán verificados para comprobar que o vehículo está censado no Concello de Sanxenxo, é dicir que paguen o imposto de vehículos no municipio. Tras 24/48 horas recibirán un correo electrónico ou unha chamada para confirmar que xa se dispón do desconto. Sen esa confirmación non será aplicado o desconto.
O desconto vai condicionado á lectura da matrícula, polo que o usuario ao retirar o ticket terá que comprobar que a matrícula aparece rexistrada no mesmo.
As persoas que non poidan acollerse a estas dúas horas gratuítas seguirán gozando da primeira hora gratis no aparcadoiro como ata agora viña facendo.