Seis núcleos de poboación na Lama contan cunha nova rede de distribución de auga
Por Redacción
O Fondo de Compensación Ambiental non competitivo da Consellería de Presidencia foi fundamental para que seis núcleos de poboación do concello da Lama conten cunha nova rede de distribución de auga.
Ata o lugar achegáronse este xoves o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís e o alcalde da localidade Jorge Canda. Nesta segunda fase investíronse case 66.000 euros nunha obra que permite a chegada de auga de uso doméstico a Antas, Cotiño, Cornide, Carreiras e A Porteliña, tamén se realizou unha galería de captación en Xesta.
A primeira fase fora abordada en 2018 con outro investimento de 60.000 euros. A nova rede de distribución de auga realizouse con tres tipos de pavimento: terra, formigón e aglomerado, ademais de instalarse tubaxes de polietilano de alta densidade.
Para permitir que se corte a subministración por tramos en caso de avaría instaláronse válvulas de bolboreta e tamén pozos prefabricados e arquetas con tapa de fundición.