María Ramallo repite como candidata do PP de Marín e optará a un terceiro mandato
Por Redacción
Sen sorpresas. A actual alcaldesa de Marín, María Ramallo, repetirá como candidata do PP nas próximas eleccións municipais. Rexedora con maioría absoluta desde 2011, a dirixente popular optará a un terceiro mandato á fronte da corporación.
O comité electoral do PP marinense propuxo á dirección autonómica que Ramallo sexa a candidata o próximo mes de maio.
A decisión está fundamentada, segundo sinalan desde este órgano interno, no traballo realizado á fronte do concello o últimos oito anos ou na xestión "respectada e valorada" que desenvolveu durante este tempo.
Os populares destacaron ademais a "capacidade, experiencia e dedicación" de María Ramallo e das persoas que lle acompañan no goberno municipal.
O PP de Marín entende que mantendo a "mesma liña" de intensidade e traballo serán capaces de lograr unha maioría "necesaria e suficiente" para gobernar outros catro anos.
O comité electoral adianta que nas próximas semanas irase avanzando na confección da candidatura e na elaboración do programa electoral co que o PP se presentará ante as urnas en maio.
Relacionadas:
-
María Ramallo presenta a lista coa que o PP pretende renovar a maioría absoluta en Marín
Por Redacción |
-
Núñez Feijóo amosa o seu apoio ás candidaturas do PP en Vilagarcía e O Morrazo
Por Redacción |
-
Lucía Santos liderará a candidatura do BNG en Marín nas eleccións municipais
Por Oskar Viéitez |
-
Manuel Pazos, escollido como candidato socialista á alcaldía de Marín
Por Redacción |