O PP leva á Deputación o suposto "enchufe" da cuñada da presidenta
Por Oskar Viéitez
A portavoz do grupo provincial do Partido Popular, Elena Muñoz, anunciou este xoves que no próximo pleno da Deputación de Pontevedra ten previsto preguntar á presidenta polo presunto "enchufe" da súa cuñada.
Este mércores celebrouse na Sección Quinta da Audiencia Provincial, con sede o Vigo, o xuízo por este presunto caso de enchufismo que, segundo Elena Muñoz, "pone en cuestión toda la actividad pública, toda la actividad política de la señora Silva".
Tras tentar sen éxito que Carmela Silva dese explicacións sobre este asunto os populares tentarán de novo na Deputación que a presidenta responda as súas preguntas sobre este polémico asunto "que pone en cuestión su honorabilidad política y su capacidad para seguir al frente tanto de la tenencia de alcaldía de Vigo como de la presidencia de la Deputación", dixo a portavoz do PP.
Elena Muñoz fixo estas declaracións nunha rolda de prensa celebrada na sede provincial do PP na que chegou a asegurar que este non é o único caso de enchufismo xa que no Concello de Vigo tamén traballa outro cuñado de Carmela Silva e mesmo hai unha sobriña contratada como asesora na Deputación, "nos parece un auténtico escándalo".
"Parece que en la familia de la señora Silva no hay paro, porque por donde pasa la señora Silva pues va haciendo estas cosas", concluíu a portavoz popular.