"Sen cita previa" para mellorar a vida saudable
Por Diego Espiño
Sabías que a obesidade é a segunda causa de cancro en España? " Só despoi do tabaquismo", recoñece José Luis Ulla, facultativo especialista en dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).
Este e outros aspectos explicaranse no ciclo de conferencias que promove o Concello de Pontevedra coa colaboración do Servizo Galego de aúde e Universidade de Vigo baixo o título 'Sen cita previa. Agasalla saúde'.
O Teatro Principal acollerá tres xornadas de charlas, de acceso de balde a partir das 20:00 horas, que teñen o obxectivo de "darlle recursos á poboación para un cambio no seu estilo de vida", sinalou na presentación do ciclo Anxos Riveiro, concelleira de Benestar Social.
As charlas programadas son as seguintes:
- 31 de xaneiro: "366 días saudables", con José Luis Ulla Richa (facultativo especialista en dixestivo do CHOP).
- 14 de febreiro: "Non alteres o corazón", con Sergio Raposeiras Rubín (cardiólogo do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo) e Miguel Aragón Fitera (licenciado en Educación Física).
- 21 de febreiro: "Sobrepeso, diabetes... falamos?", con Paula Sánchez Sobrino (facultativa especialista en endocrinoloxía e nutrición do CHOP) e Xavier Castro Gacio (licenciado en CC da Actividade Física e do Deporte).