A Policía detén un home que agrediu a súa parella e levou á forza a un dos seus fillos
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Axentes da Policía Nacional lograron localizar e deter o home de 33 anos que, sobre as sete da tarde, agrediu á súa parella e levou á forza a un dos seus dous fillos. Foi despois de que se despregara un amplo dispositivo de busca por todo o municipio.
Fontes da investigación confirmaron a PontevedraViva que a agresión se produciu no domicilio que compartía a parella.
O home, que segundo o relato da vítima atopábase moi alterado, pegou á súa muller e tentou levar aos seus dous fillos.
Ela logrou protexer un deles, pero non puido evitar que a súa parella marchara de casa collendo á forza ao segundo, un neno de apenas 19 meses.
Tras darse á fuga nun Ford Focus, o individuo foi interceptado nas inmediacións do Hotel Liberdad. Chocou contra outro coche e ao baixar do seu, os axentes procederon á súa detención. Previamente fora visto por un policía que o perseguiu ata esa zona.
O bebé, segundo fontes oficiais, atópase en bo estado e está custodiado á espera de regresar a mans da súa nai.
A muller foi atendida das súas feridas no centro de saúde de Marín.
Relacionadas:
-
Internan nun centro psiquiátrico o marinense detido por levar á forza a súa filla de 19 meses
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada