Oito detidos por un alixo de 400 quilos de cocaína que entrou a Pontevedra por Portugal
Por Natalia Puga
Polo menos oito persoas foron detidas nas últimas horas no marco dunha operación antidroga desenvolta polo Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (Greco) da Policía Nacional con sede en Pontevedra. No operativo logrouse a incautación de 400 quilos de cocaína.
Fontes da investigación confirmaron que a droga foi localizada nunha localidade do sur da provincia de Pontevedra e que entrara en Galicia a través da fronteira con Portugal. Procedía, segundo as primeiras investigacións, da localidade portuguesa do Porto, aínda que a súa orixe inicial era un país suramericano, posiblemente Colombia.
A operación capitaneárona axentes do Greco Galicia coordinados por un Xulgado de Vilagarcía de Arousa e coa colaboración da policía colombiana.
Todo é resultado de preto dun ano de investigación que culminou esta fin de semana coa localización do alixo de cocaína e a detención de oito persoas en distintas localidades das provincias de Pontevedra e Ourense.
Os axentes realizaron varios rexistros domiciliarios e detencións e aínda non deron por pechada a operación, que continúa aberta.
Os detidos permanecen en distintas comisarias da Policía Nacional e aínda se descoñece cando serán postos a disposición do Xulgado de Vilagarcía que instrúe a causa.
Relacionadas:
-
As autoridades dan por "desactivada" unha vía de entrada de cocaína nas Rías Baixas a través de Portugal
Por Redacción |
-
Decretan prisión sen fianza para os oito detidos por un alixo de 400 quilos de cocaína
Por Redacción |
-
Espectacular vídeo da detención dos narcos que gardaban 650 quilos de coca nun chalé de Pontevedra
Por Redacción |
-
Unha decena de detidos e 650 quilos de cocaína intervidos nun operativo antidroga con orixe en Pontevedra
Por Natalia Puga & Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Varios detidos nunha operación antidroga do Greco en Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |