A camelia e o mar vólvense dar cita en Marín
Por Redacción
Tras o éxito acadado pola primeira edición da Exposición de Camelias de Marín "Camelias e mar", o próximo mes de febreiro volverá á vila pontevedresa a segunda edición do evento, organizado pola Sociedade Española da Camelia.
Nesta segunda edición, a exposición terá lugar durante a fin de semana dos días 9 e 10 de febreiro no Museo Manuel Torres de Marín. Ademais da mostra de flor natura, haberá unha exposición de pintura e fotografía.
O cartel do evento deuse a coñecer esta semana a través dunha presentación no Concello de Marín na que a concelleira de Cultura, María José Pazo Allariz, puxo en valor o "excelente traballo" das marinenses involucradas na organización do evento e agradeceu a súa total implicación.
O cartel xira arredor dunha fotografía de Cristina Barrio, que retrata, como na anterior edición, una camelia, nesta ocasión a elixida é a darónega. Trátase dunha camelia amarela, moi suave e bastante especial e combina no deseño con elementos marítimos, xa que a camelia é unha flor que gusta moito estar preto do mar, sendo as Rias Baixas un lugar perfecto para a súa floración.
Relacionadas:
-
Cancelada a mostra da camelia no Museo Manuel Torres de Marín
Por Redacción |
-
Pontevedra acollerá o 9 e 10 de marzo o Concurso Exposición Internacional da Camelia
Por Oskar Viéitez |
-
Novas camelias para a Finca de Briz
Por Redacción |
-
Marín estrea a primeira edición dos Cantos de Taberna e da Mostra de Camelias
Por Redacción |