Cuntis, Portas e Vilagarcía contratarán 69 traballadores con cargo ao Plan Concellos
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra deulle esta semana o visto bo á primeira concesión de subvencións do Plan Concellos 2019 correspondentes á Liña 3 de Emprego. Supón axudas que beneficiarán os municipios de Cuntis, Moaña, O Porriño, Salvaterra de Miño, Vila de Cruces, Portas e Vilagarcía de Arousa para que poidan contratar persoas para realizar traballos de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou, en concreto, subvencións por un total de 1.311.381,31 euros que permitirán a contratación dun total de 169 traballadores. Entre os primeiros beneficiarios hai dous concellos da comarca de Umia. Suporán contratos para 25 traballadores en Cuntis por un importe total concedido de 121.960,87 euros e oito personas en Portas cunha achega de 85.327,13 euros.
Na comarca de Arousa, nesta ocasión, a achega irá destinada a Vilagarcía de Arousa, onde se contratarán 36 persoas a través dunha subvención total de 326.442,29 euros.
A selección deste persoal farase entre persoas desempregadas a través do Servizo Público de Emprego e os contratos non se poderán estender máis alá do 31 de decembro de 2019.
Entre o tipo de persoal que contratarán os municipios destacan, entre outros, persoal para traballos en obras, para xardinaría e medio ambiente, conserxes, persoal de carpintaría e limpeza, socorristas, persoal para fontanaría e soldadura, condutores ou para información turística.
Relacionadas:
-
Sanxenxo contratará a 38 persoas a través do Plan Concellos
Por Redacción |
-
Barro destinará 111.000 euros a contratar dez traballadores en 2019
Por Redacción |
-
O goberno de Carmela Silva destina fondos para a contratación de 48 persoas en Bueu e O Grove
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas incorporará 10 operarios ás súas brigadas
Por Redacción |