O colexio A Florida renovou a súa instalación eléctrica
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou este venres o CEIP A Florida de Sanxenxo co obxectivo de comprobar o remate das obras de mellora da instalación eléctrica deste centro no que se investiron preto de 42.800 euros.
Na visita, o delegado territorial estivo acompañado polo alcalde da localidade, Telmo Martín, o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, a concelleira de Educación, Paz Lago, o equipo directivo, así como por responsables da Unidade Técnica de Educación.
O CEIP A Florida necesitaba corrixir varios defectos que presentaba a instalación eléctrica a causa do paso do tempo.
Dende o goberno local salientaron que a inversión en obras nos colegios Sanxenxo desde xuño do ano 2017 chegou aos 559.310,25 euros dos que a Deputación de Potevedra a través do Plan Concellos aportou 226.190 euros, seguida da Xunta de Galicia que puxo 180.948 euros e finalmente o Concello dispuxo 152.172 euros.