Dous novos núcleos rurais de Cuntis terán mellor conexión a Internet
Por Redacción
O programa de banda larga de nova xeración, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), chegará a dous novos núcleos rurais de Cuntis.
Segundo informa o Concello, os traballos que realizará a axencia permitirán servizos ultrarrápidos de acceso a Internet en Meira e Portela.
Vanse sumar aos xa incluídos no programa, que son os de Arcos de Arriba, Fontecova, Portodegómez, Magán, Guldrigáns e Hervés.
Así mesmo, o goberno municipal prevé que neste ano e nos seguintes o Estado publique novas convocatorias de subvencións coas que os operadores poderán continuar co despregamento destas redes.